Que é?
A Estratexia de Infraestrutura Verde busca crear unha cidade máis natural, máis saudable para todos e todas as que vivimos nela e tamén máis comprometida.
A Infraestrutura Verde configúraa unha potencial rede de espazos multifuncionais e de gran calidade ambiental, conectados entre si e transitables dende todos os barrios. Para todos e todas, para termos un acceso máis igualitario aos espazos verdes e aos beneficios que nos proporcionan para a saúde, tanto das persoas como da natureza. O obxectivo: converter A Coruña nunha cidade pioneira na loita fronte ao cambio climático.